Publicacións

Introdución

Imaxe
Cumpre corenta anos a idea que deu forma a un proxecto, que este curso implicou a todos os niveis educativos (de 1º de ESO a 2º de BAC) do IES Xoán Montes: o envío da sonda Voyager I, o 5 de setembro de 1977, ao espazo. A intención desta sonda era amosar o máis esquematicamente posible quen eramos e onde estabamos, xeográfica, cultural e cientificamente. A Voyager levaba no seu interior un arquivo de imaxes e sons que representaban simbolicamente o noso pensamento, linguaxe, produción artística, crenzas e costumes.
Con estes alicerces deseñamos as liñas básicas do noso proxecto: por que non poñer ao noso alumnado en contacto coa linguaxe simbólica? Saberán que son os símbolos? É o mesmo símbolo que icono? Cantos poden recoñecer con seguridade? Aparecen en todos os aspectos da nosa vida cotiá? 

As respostas a esta última pregunta asombráronnos, pois ao organizalas fomos conscientes de que se ían encadrando nas distintas materias nas que se clasifica a CDU. Isto reafirmounos aínda mái…